apalasallesantiago.es

Coñece a nova WEB da ANPA con moitas funcionalidades, galerias, infos e espazos destinados as vosas aportacións

www. apalasallesantiago.es

jueves, 2 de enero de 2014

Taller da Anpa: RESOLVER CONFLICTOS ENTRE PADRES E HIJ@S

INICIO 23 Xaneiro 2013.Aula de Familias da Anpa La Salle.


Dentro da nova programación da Aula de Familias da Anpa,  presentámosvos o obradoiro para a axuda na resolución de conflitos entre país/nais de fillos/as adolescentes, que se celebrará nas datas e horarios seguinte: 23 de xaneiro, 6, 13 e 20 de febreiro, 6, 13 e 20 de marzo, de 16 a 17.30h.Teremos a sorte de poder contar coa participación, como docente, de María José Blanco Freire, psicóloga responsable do programa de atención a adolescentes da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes do Concello de Santiago de Compostela (UMAD).Consulta programación, sesión,  e ficha de inscrición:  

PROGRAMA OBRADOIRO: “RESOLUCIÓN DE CONFLITOS ENTRE PAIS/NAIS E FILLOS/AS ADOLESCENTES”
23 de xaneiro, 6, 13 e 20 de febreiro, 6, 13 e 20 de marzo de 16 a 17.30h. 

  • INTRODUCIÓN :
    A adolescencia é unha etapa evolutiva de constante cambio, que a sofre tanto a persoa que a está pasando como os seus pais e nais. As relacións familiares mudan dun xeito crítico, xa que os/as adolescentes comezan a distanciarse e a querer ser autónomos e buscan a súa intimidade, separándose dos adultos para  a conquista da súa propia identidade. Pola súa banda, nesta etapa os/as pais /nais deben redefinir esta nova situación, valorando que progresivamente os seus fillos/as xa non necesitarán da protección e atención que viñan precisando os anos anteriores. O Programa de Resolución de Conflitos entre Pais/Nais e Fillos/as Adolescentes, está deseñado para axudar a resolver os problemas con que un pai ou nai se pode ver enfrontado ante o crecemento dos seus fillos ou fillas. Intenta aportar ferramentas que encamiñen á xente nova á responsabilización e á autonomía. Por un lado aprende a definir con claridade a conduta problemática e a resolvela e por outro intentará aportar instrumentos que dificultan a aparición de comportamentos do/a adolescente que sexan conflitivos para os pais e nais.

    • OBXECTIVOS :
    1.-Incrementar a satisfacción na relación pai/nai – fillo/a. 2.- Facilitar o camiño cara a autonomía do/a adolescente. 3.- Aportar recursos para definir un problema relacional e resolvelo. 4.- Aumentar a asertividade de pais/nais e fillos/as. 5.- Mellorar a comunicación e a expresión de emocións entre pais e nais e fillos/as. 
      • CONTIDOS :
      As sesións serán as seguintes: 1.- “A miña casa”. 2.- “O meu/miña fillo/a fai cousas positivas”. 3.- “Confiarei no meu/miña fillo/a para que tome decisións nos seus asuntos”. 4.- “Mire por vostede”. 5.- “Ninguén perde, ninguén é un escravo”. 6.- “Como fomentar o pracer polo saber e o estudio”. 7.- “Como fomentar un ocio san” .


      • METODOLOXÍA:
      A metodoloxía está elaborada con aportacións da Psicoloxía das relacións familiares e dos programas de aprendizaxe de competencias sociais. Foi elaborado dende diversas fontes bibliográficas, por un amplo grupo de profesionais, traballadores sociais, animadores socio-culturais, psiquiatras, psicólogos, pedagogos, que traballan nos Servizos Sociais, Saúde Mental no campo da Educación. Emprégase unha metodoloxía activa e participativa a través da implicación dos asistentes na dinámica de cada sesión. Pártese das aportacións, experiencias e coñecementos dos participantes para o desenrolo dos contidos de cada sesión, adaptándose estes últimos con flexibilidade ás necesidades e coñecementos de cada grupo. As técnicas empregadas son basicamente: exposición, remuíño de ideas, traballo individual, grupos de discusión e debate grupal. 
        • TEMPORALIZACIÓN :
        O programa está estructurado en sete sesións de hora e media de duración cunha periodicidade semanal ou quincenal. O horario verá determinado polas partes. A primeira parte da sesión dedicouse a supervisar a posta en práctica que a nivel individual realizan os pais e nais de cada sesión: manexo de situacións, resultados, dificultades… Na segunda parte exponse o tema da sesión correspondente.


        • PRAZO DE INSCRICIÓN: Data límite de inscrición no obradoiro: 17 de xaneiro. Para inscribirse, enviar estes datos antes do 17 de xaneiro, por correo electrónico a: informacion@apalasallesantiago.es

        FOLLA DE INSCRICIÓN:  INSCRIPCION ATA O 17 XANEIRO.

        Nome........................................................................... Apelidos................................................................... 

        ……………………………………………………Tlf. .......... E-mail...............................................................................

        Organiza: ANPA La Salle Santiago Lugar de celebración: Colexio La Salle Santiago. Mais información na web ANPA La Salle www.apalasallesantiago.es



        martes, 3 de diciembre de 2013

        APRENDENDO A EDUCAR: ALIMENTACION E TRASTORNOS ALIMENTARIOS

        A Aula de Familias da ANPA La Salle inicia unha serie de mesas redondas que baixo o lema de APRENDENDO A EDUCAR pretende convertirse nun espazo de encontro para pais e nais que se esforzan para unir esforzos co centro na busca dos recursos máis idóneos que redundarán na mellora da educación integral dos nosos fillos.

        Mesa Redonda

        ALIMENTACION E TRASTORNOS ALIMENTARIOS MAIS FRECUENTES

        Martes 10 de decembro 2013   I   17:30 horas a 19:30 horas   I   Sala de Conferencias Colexio La Salle

        Participarán:
        Ana Mª Martínez Lorente
        Técnica da Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables. Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación. Consellería de Sanidade.

        Dora Sarmiento Nuñez
        Presidenta de ABAGAL e nai dunha nena que superou un trastorno de conduta alimentaria.

        Daniel Tojo Filgueira
        Traballador Social de ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia)

        Terapeuta
        de desórdenes alimentarios da Estructura de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

        POR QUÉ?
        Porque nos últimos anos vese que a idade na que empezan os trastornos da conduta alimentaria é cada vez menor.
        Porque trátase dun proceso que se pode iniciar moi sutilmente e pasar desapercibido nun primeiro momento
        Polo alto e ascendente índice de anorexia e bulimia nos noso xoves
        Porque as persoas que sofren trastornos da conduta alimentaria caracterízanse por adoptar condutas de alimentación anómalas como resposta, en xeral, á súa insatisfacción coa súa imaxe corporal, sufrindo consecuencias nutricionais, físicas, psicolóxicas e sociais que se non se tratan, poden poñer en risco a súa vida
        Porque o patrón alimentario e de actividade física son factores determinantes na ganancia de peso, sobrepeso e obesidade e esta, por si mesma, constitúe un factor de risco para o desenvolvemento de determinadas enfermidades crónicas, tales como certas enfermidades cardiovasculares e dalgúns tipos de cancro.


        HABERÁ SERVIZO DE LUDOTECA GRATUITO

        Chega o Nadal. Chega A CAIXA SOLIDARIA da ANPA e Caritas