apalasallesantiago.es

Coñece a nova WEB da ANPA con moitas funcionalidades, galerias, infos e espazos destinados as vosas aportacións

www. apalasallesantiago.es

lunes, 21 de noviembre de 2011

Te aburrías en la escuela? Redes & Ken Robinson


M A G O S T O 2 0 1 1

Un ano mais para todas as familias e membros do Colexio, celebraremos o próximo venres 25 un magosto ás cinco e media da tarde. Haberá castañas asadas, empanadas, bebidas e música e baile tradicional galego co grupo Pena Maior de Marrozos.


Asemblea Xeral

Asemblea Xeral da ANPA


O venres 25 ás 19:15 horas en 2ª convocatoria na sala de audiovisuais do Colexio.


Orde do día: aprobación de contas, composición da directiva, directrices curso 2011/2012 e rogos e preguntas.


A túa participación é importante para os teus fillos a para o seu colexio.

domingo, 2 de octubre de 2011

Nadalxogo 2011/2012



NADALXOGO 2011
Un ano mais o programa de conciliación do Concello de Santiago para o tempo de Nadal

Cursos para nais e pais

Un ano mais, dende a anpa organizamos cursos anuais para todas as nais e todos os pais do colexio.

  • Isabel Mancebo será a encargada dos cursos de Inglés:
- Mantenimiento-conversación, os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas
- Básico, horario por determinar

  • Carmen Pichel será a profesora de Corte e Confeción os luns de 15:15 a 17:15 horas

  • Iria Rey será a monitora de Pilates, da Federación Española de Pilates, os martes e xoves de 18:45 a 19:45 horas

O prezo é de 30€/mes

Inscrición no correo informacion@apalasallesantiago.es





martes, 20 de septiembre de 2011

Rosa Jové na Escola de Pais e Nais da ANPA La Salle. 27/09/2011

NI RABIETAS NI CONFLICTOS. Rosa Jové.
27 de setembro de 2011, 19.30-20.30h. Sala de conferencias  do Colexio La Salle de Santiago de Compostela
•  Exixir aos fillos o que non lles ensinamos
•  O castigo como fracaso do educador
•  Cómo previr problemas de convivencia
•  Coherencia e empatía: bases de una crianza feliz
•  o respecto da intimidade
A autora de “Dormir sin lágrimas” e “La crianza feliz”, tamén nos ofrece solucións definitivas para os problemas de comportamento hasta os 12 anos. Defende, con sólidos argumentos, a idea que transmiten estas palabras: “Quéreme cando menos mo mereza porque será cando mais o necesite”.
Rosa Jovè Montayola:                          
Psicóloga especializada en psicoloxía clínica infantil, xuvenil e en psicopediatría
Presidenta do Colexio Oficial de Psicólogos de Cataluña en Lleida
Fundadora do grupo de psicólogos en emerxencias e catástrofes de Cataluña, con máis de trinta intervencións (Biescas, 11-M).
Fundadora da Asociación de Altas capacidades de Lleida, membro da xunta directiva da “Fundación de ayuda a niños y jóvenes de altas capacidades (fanjac)”

*Servizo de gardería gratuíto (ludoteca)