apalasallesantiago.es

Coñece a nova WEB da ANPA con moitas funcionalidades, galerias, infos e espazos destinados as vosas aportacións

www. apalasallesantiago.es

domingo, 20 de marzo de 2011

Mesa Redonda: Redes Sociais e Adicións ás Tecnoloxías.

 23 MARZO 2011 / 20:00 HORAS / SALA AUDIOVISUAIS COLEXIO LA SALLE

As redes sociais e as novas tecnoloxías están cobrando unha gran relevancia na nosa sociedade; porque viñeron para quedarse: ventaxas, desventaxas e amenazas das redes sociais. Conscientes de que os nosos fillos e fillas son firmes candidatos a sufrir adicións ás novas tecnoloxías, desde a Escola de Pais convidámosvos á mesa redonda e posterior coloquio que terá lugar o mércores 23 de marzo na Sala de Conferencias do Colexio ás 20:00 horas e que contará coa participación de:
 
 
Pilar Bermejo González
Directora da UMAD, Unidade de Atención a Drogodependentes do  Concello de Santiago
 
Fernando Suárez Lorenzo
Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario