apalasallesantiago.es

Coñece a nova WEB da ANPA con moitas funcionalidades, galerias, infos e espazos destinados as vosas aportacións

www. apalasallesantiago.es

lunes, 5 de noviembre de 2012

Familias de Acollida: Abre unha porta no teu corazón


Cruz Vermella necesita familias de acollida para proporcionarlles un fogar temporal a nenos e nenas que atravesan unha situación de dificultade en Galicia
As Familias Acolledoras teñen como obxectivo axudar a nenos e nenas que atravesan unha situación de crise ou dificultade nas súa familia que lle impide atendelos correctamente de xeito temporal.  Buscamos que estes menores sexan acollidos por persoas que lles ofrezan o seu fogar, que lles dean os coidados, a seguridade e a educación que precisan e que lles permita manter, se é posible, o contacto cos seus pais e nais.

Anímate a ser acolledor! Seguro que o teu fogar ou o de alguén que coñeces é o ideal para algún dos nenos e nenas que están en espera de ser acollidos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario