apalasallesantiago.es

Coñece a nova WEB da ANPA con moitas funcionalidades, galerias, infos e espazos destinados as vosas aportacións

www. apalasallesantiago.es

lunes, 7 de enero de 2013

AULA DE FAMILIAS. OBRADOIRO PRIMARIA


OBRADOIRO
 SINALANDO LÍMITES:
Educar para a independencia e a resposabilidade

Datas: 16, 23 e 30 de xaneiro e 6 de febreiro de 16:30 a 18:30 horas
Lugar: Sala Audiovisuais 1 Colexio La Salle (LUDOTECA GRATUITA)
Inscripción:  buzón da ANPA ou en informacion@apalasallesantiago.es
Dirixido a pais, nais, titores de nenos de Infantil e Primaria


Imparte 
Mª José Blanco Freire, Psicóloga responsáble do programa de atención a adolescentes da UMAD, Concello de Santiago.

A maioría dos pais e nais estamos sinceramente motivados para ser eficaces na educación dos nosos fill@s, queremos que cooperen e sexan responsables, peros ás veces non nos é tan doado como parece ou as nosas estratexias non teñen os resultados que desexariamos... atopámonos con dificultades, as normas da casa, o que permitimos e o que non, e os métodos que funcionan.
Como acabar coa conduta inadecuada e ensinar unhas regras de xeito claro e comprensible... é posible sen perder a paciencia e a compostura? E sen cansarse de repetir as cousas? E sen botar man de ameazas, reprimendas, persuasión e discusións?
OBXECTIVOS:
Desde a experiencia de anos de traballo no campo da prevención da drogodependencia, sabemos da capacidade preventiva que ten a familia, por iso queremos proporcionar estratexias e información que
Ø      axuden a ensinar as súas regras de forma clara e sinxela
Ø      mellorar a comunicación e establecer uns límites cos nen@s
Ø      potenciar os recursos preventivos que xa posúen os pais e nais

No hay comentarios:

Publicar un comentario