E AS DROGAS, QUE?
OBRADOIRO
¿Como
abordamos o tema das drogas con respecto aos nosos fillos e fillas?
A información que nos
chega a diario dende os organismos oficiais e os diferentes medios de
comunicación falan dun aumento de consumo de diferentes substancias entre a
mocidade e de que a idade de inicio na experimentación é cada vez menor.
Durante a primeira
infancia parécenos que este tema nos toca de lonxe ¿ou non tanto?, mais cando
nos vamos achegando á tan temida adolescencia e os nosos fillos/as pasan cada
vez máis tempo fóra da casa, aparecen as dúbidas e gran preocupación. Ben,
daquela preguntámonos ¿que sabemos? ¿que podemos facer desde a casa? ¿quen nos
pode axudar? ¿onde me informo? ...
Datas: 13,
20 e 27 de novembro e 4 de decembro de 17:30 a 19:30 horas
Lugar: Sala
Audiovisuais 1 Colexio La Salle
Inscripción: de balde no buzón da ANPA ou en
informacion@apalasallesantiago.es
Dirixido a pais,
nais, titores e educadores
Servizo gratuito
de LUDOTECA
Imparte Mª José Blanco Freire, Psicóloga responsable
do programa de atención a adolescentes da UMAD, Concello de Santiago.
OBXECTIVOS
Desde a nosa
experiencia de anos de traballo no campo da prevención das drogodependencias,
sabemos da capacidade preventiva que ten a familia, por iso queremos proporcionar
estratexias e información aos pais e nais que: axuden a abordar o tema
das drogas con respecto aos seus fillos/as e potencien os recursos
preventivos que xa posúen os pais e nais, tratando os seguintes temas:
·
Información acerca das principais substancias.
·
Capacidade preventiva da familia.
·
Visión das drogas por parte dos adolescentes.
·
Factores de risco nas familias
METODOLOXIA
·
Breves exposicións sobre os contidos de cada
sesión.
·
Traballo en gran grupo e en pequenos grupos.
·
Debate.
·
Representación de situacións reais.
·
Participación de dous adolescentes para
escoitar a súa visión
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
- - -
FICHA DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO “E AS DROGAS, QUE?”
No buzón da ANPA
ou no MAIL informacion@apalasallesantiago.es indicando:
Nome e apelidos: __________________________________________________________________________
Teléfono: ______________________ Mail: _______________________________________________________
Curso dos vosos fillos/as:___________________________________________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario