apalasallesantiago.es

Coñece a nova WEB da ANPA con moitas funcionalidades, galerias, infos e espazos destinados as vosas aportacións

www. apalasallesantiago.es

domingo, 17 de marzo de 2013

Campus Polideportivo Semana Santa

A Escola Deportiva Santiago pon en marcha unha vez máis o seu Campus de Semana Santa, co que se facilitará a conciliación entre a vida laboral e familiar neste periodo vacacional.

Con actividades para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos de idade, este Campus desenvolverase os días 25, 26 e 27 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón do colexio Compañía de María. Os pequenos poderán practicar fútbol, baloncesto, atletismo, badminton, xadrez, etc.

O prezo por participar será de 24 euros, mentres que o 2º irmán e as familias numerosas pagarán só 18 euros. Para anotarvos, só tendes que cubrir a folla de inscrición adxunta e enviala a este correo electrónico xunto co xustificante de pago.

Esta e a web da escola:

http://escoladeportivasantiago.blogspot.com.es/#!/2013/03/como-axudar-aos-nenos-ser-felices.html


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario